Apróbase o proxecto de reparación da piscina climatizada

Parece que o conto da piscina climatizada melidense vai camiño de solucionarse, e na páxina web do Concello publican hoxe a aprobación do seu proxecto de reparación e unha solución...

Parece que o conto da piscina climatizada melidense vai camiño de solucionarse, e na páxina web do Concello publican hoxe a aprobación do seu proxecto de reparación e unha solución provisoria para o ximnasio:

O Concello de Melide aprobou por unanimidade dos tres grupos políticos o proxecto de reparación da piscina climatizada.

O Concello de Melide investirá un montante de 155.556,78 € nas obras da piscina municipal climatizada da vila. As obras centraranse no apartado de fontanería, ventilación e carpintaría, entre outras. O tempo que o pleno a proposta da alcaldía aprobou a cantidade de 132.375,47 € para cubrir gastos correntes dentro do Plan DTC94 da Deputación da Coruña.

O Concello de Melide investirá un montante de 155.556,78€ nas obras da piscina municipal climatizada da vila sendo este o presuposto definitivo despois de ter que ser modificado o proxecto inicial para adaptarse a subida do IVE de setembro e cuxas obras se centran no apartado de fontanería, ventilación e carpintaría, entre outras.

O mesmo tempo no pleno celebrado o pasado mércores 26 de outubro setembro, a proposta da alcaldía aprobou a cantidade de 132.375,47 € para cubrir gastos correntes dentro do Plan DTC94 da Deputación da Coruña.

A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, agarda que con estas obras queden arranxados os problemas tan graves que provocaron o peche das instalacións.

A Concellería de deportes a cargo da cal se atopa a popular Dolores Gómez, informou que co fin de non prexudicar os socios/as da piscina trasladáronse o pavillón de deportes sita na rúa Martagona de Melide, parte da maquinaria do ximnasio da piscina (spining, elípticas, cintas de correr, multhigyn multigym e maquinas de musculación,… ) co fin de que poidan ser utilizadas por todas aquelas persoas que o desexen de xeito totalmente gratuíto.

Este ximnasio, instalado no pavillón polideportivo da vila de xeito provisional porase en funcionamento a partir do 1 de outubro coincidindo coa apertura das escolas deportivas , o tempo que se organizaron a través das escolas deportivas as actividades que se viñan realizando na piscina climatizada a excepción das actividades de auga.

Agora toca que os usuarios teñan paciencia, e agardar que esta odisea remate ben, cos usuarios cun servizo de calidade sen ter que recorrer a instalacións das vilas veciñas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS