Lois Oreiro, tamén en Xornal de Galicia

Non sei que lle darían de comer estes días a Lois, pero tras a súa aparición en Avui tamén lle publican unha columna de opinión en Xornal de Galicia:...

Firmas de Opinión no Xornal de Galicia
Non sei que lle darían de comer estes días a Lois, pero tras a súa aparición en Avui tamén lle publican unha columna de opinión en Xornal de Galicia:

Diglosia

Non coñezo a ninguén que eduque aos seus fillos en galego que non queira que tamén aprendan castelán. En cambio, sei de varios pais e educadores en castelán que preferirían que os rapaces non aprendan galego a maiores; disque porque é “un atraso”. E iso que moitos aspiran a colocalos na Xunta cando sean adultos. O dato é inquietante.

Sempre hai que desconfiar de quen cre que hai unha língua superior ás outras posto que o seguinte paso será dicir que hai que falar nun so idioma para entender de arte, de ciencia ou para rogarlle a Deus como é debido. Son os mesmos que pensan que basta con ler un so libro porque nel está todo o saber verdadeiro. Naturalmente ese libro sempre é o deles e esa língua perfecta sempre é a súa. A nosa historia está inzada de episodios de escuridade e incultura por mor de falacias así.

Para min o máis curioso é que ese tema de conversa o tiven moitas veces con Lois cando coincidimos laboralmente, pois el sempre procuraba que a xente ao seu redor non se cortase en falar galego. Resulta bastante curioso que políticos, artistas, xornalistas e moitos outros profesionais se manifesten publicamente en galego cando logo falan español en privado. ¿Cambiará a cousa co tempo? Parece difícil, pois os distintos estudos que se levaron a cabo non últimos anos manifestan xusto o contrario, e cambiar unha tendencia é sumamente difícil.
Tamén parece complicado cambiar o panorama actual cando só hai unha televisión autonómica en galego (e Popular TV non creo que cambie a cousa), unha radio autonómica en galego, un xornal en galego (e de reducida difusión) e unha oferta de cine e DVD en galego lamentable. Se un cativo non pode ver debuxos animados en galego fóra da limitada oferta da TVG, ¿cómo vai a aceptar ao galego como unha lingua igual de válida que o español?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Os YouTurris

    Niko, o creador de Cálico Electrónico, anunciou hoxe a súa última movida, Los YouTurris, un esmendrelle político que por desgraza chega algo tarde, xa que estamos nos últimos días...
  • Un trailer chinés para incrementar o hype

    Por se non houbese expectación dabondo ao redor de El Poder de la Fuerza, chega un tráiler chinés con nova metraxe para por o hype polas nubes (ao carón da...
  • Melide celebra Manxares a vindeira fin de semana

    Esta semana escoitei na Radio Galega unha cuña na que citaban a Melide. Maaaandeeee?!?! Manxares?! Que é iso? Póñome a investigar… miro na web do Concello, e non din...
  • Darth Vader en Palomares!

    Levo tempo dicindo que confío en que este ano, cando chegue o 20D, algún friki dos que vaia disfrazado a ver El Despertar de la Fuerza ao cine pase antes polo...