As bolas de Galicia Bilingüe

O último número da revista Tempos Novos daba un repaso á situación do bilingüismo en Galicia, falando incluso da asociación Galicia Bilingüe e da ruptura do consenso sobre a...

Portada do número 7 da revista RetrancaO último número da revista Tempos Novos daba un repaso á situación do bilingüismo en Galicia, falando incluso da asociación Galicia Bilingüe e da ruptura do consenso sobre a política lingüística entre os políticos galegos, tema que casualmente tamén ocupa a portada da revista de comics Retranca.
Creo que titular a portada como As bolas de Galicia Bilingüe é un grande acerto (quitando que me fixo graza ver unha Sra. Caca españolista), pois hai que recoñecer que a Asociación lle bota moitos huevos ao asegurar que en Galicia se está a impor o galego. Non sei se hai algún caso moi puntual no que a un o discriminen por falar español (eu non coñezo ningún), e os informes serios deixan clarísimo que o galego vai a menos, polo que é preciso promovelo. Dicir que dar un pulo á nosa lingua é ir contra o español paréceme ridículo, pero alá eles.
Eu o que teño moi claro é que fóra da Internet e da fala diaria a presenza do galego é anecdótica, pois nos medios de comunicación está case totalmente ausente. Lembremos que no ámbito audiovisual autonómico só se fala galego nos medios públicos (radio e televisión) e na prensa só existe un diario en galego, mentres que o resto dos medios limitan a novsa lingua a citas entre comiñas 🙁
Agardemos que coa chegada das canles de televisión dixital terrestre se incremente a presenza do galego nos medios, e tamén que a TVG evolucione como para captar audiencia máis aló da terceira idade do rural, pois de nada serve unha televisión en galego se non a ve ninguén.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS