Semáforos e coches rápidos en Melide

Esta fin de semana en Melide fixeime nun par de cousas, das que a primeira era evidente, xa que comezaron a funcionar en probas os semáforos do cruce, que...

Semáforo en el cruce de Melide
Esta fin de semana en Melide fixeime nun par de cousas, das que a primeira era evidente, xa que comezaron a funcionar en probas os semáforos do cruce, que por fortuna utilizan LED para funcionar (o que reduce o seu consumo á vez que mellora a súa visibilidade en días soleados). Pero hai un detalle do que non sei se o resto da xente se decatou, pero a min me resultou rechamante: os botóns para os peóns están en español, e rezan «pulse el botón» onde coido que cómpre pór «prema o botón» (para que logo poidámoslles chamar samáfaros con propiedade 😉 ).

Quitando ese detalle curioso, hai outra cousa que vin hoxe que tamén me pareceu destacable, pois cruceime co coche máis rápido do mundo, que estaba aparcado pola zona do Instituto vello:
Coche a 2045 GHz
Quedei coas gañas de velo a todo gas, e tamén de coñecer cal é a equivalencia entre xigahercios (GHz) e quilómetros/hora.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS