A segunda edición a media maratón Os 21 do Camiño entre as vilas de Palas de Rei e Melide foi todo un éxito, superando sobradamente a pasada edición, cunha...
A segunda edición a media maratón Os 21 do Camiño entre as vilas de Palas de Rei e Melide foi todo un éxito, superando sobradamente a pasada edición, cunha participación impresionante (preto de 600 corredores) supondo a consolidación dun encontro deportivo que promete continuar a atraer a xente de toda Galicia durante moitas edicións grazas ao bo ambiente que podía respirarse e á beleza da paisaxe do tramo do Camiño de Santiago que hai entre as vilas luguesa e coruñesa.
Podio masculino retratado pola Asociación EnfócamePor que comento o das provincias? Pois porque deume a impresión de que nalgúns medios de comunicación esqueceron que Melide está na provincia da Coruña, e así, aparte de poder ver unha nova sobre a competición en El Progreso, no caso de La Voz de Galicia temos que, en vez de recollerse a información na sección de Deportes, foi parar á sección de Lugo, facendo que nos xornais que se distribúen en Melide non puidésemos ver nada sobre o grande evento do día anterior.
Podio feminino capturado pola Asociación EnfócameO resultado da proba foi bastante predicible, con Pedro Nimo gañando moi sobradamente (fixo un tempo de 1:12:54), ao que acompañarían no podio o marroquí Hassan Lekhili (1:14:30) e o galego Elías Domínguez (1:16:13); mentres que a primeira moza en pasar pola liña de meta foi a venezolana Jocelyn Brea, que demostrou que non é subcampioa do mundo de dúatlon por nada (1:29:19), superando á arzuá Mela Penas (1:29:45), que tivo que conformarse cunha segunda posición.
Pero o importante neste tipo de probas non son os podios, senón a experiencia, o que podía verse claramente cos distintos xeitos que tiña a xente de cruzar a liña de meta:
E tampouco faltaron os que chegaron en familia (aínda que o detalle fíxose demasiado repetitivo):
E non podo deixar de comentar que me fixo graza ver que un dos patrocinadores do evento foi o Trivial da Terra, un xogo móbil nacido na Terra de Melide, que agora proxéctase para toda Galicia, e que vai dinamizarse con interesantes competicións.
Admito que este ano quedei moi positivamente coa boa acollida que tivo a XXVI Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Melide, pois tras un sábado con moi...
En Melide podemos congratularnos polo feito de que este sábado pola noite a Casa da Cultura vai converterse no escenario dun espectáculo das Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha,...
Non é ningún misterio que boa parte da prensa tradicional perdeu o rumbo na Internet e sucumbiu ante a praga do clickbait e dos contidos amarillistas co único obxectivo...
Dado que a pasada fin de semana celebramos o 25º aniversario da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Terra de Melide, toca facer un pequeno repaso, e...
Debe estar conectado para enviar un comentario.