Hola, soy Tucho. ¡Feliz Navidad!

¿Lembrades o seguinte anuncio de Airtel? Pois este ano R podería cambiar a Edu por Tucho, xa que a partir do 20 de decembro os usuarios que conten co...

¿Lembrades o seguinte anuncio de Airtel?

Pois este ano R podería cambiar a Edu por Tucho, xa que a partir do 20 de decembro os usuarios que conten co servizo de televisión dixital interactiva terán tarifa plana de chamadas a móbiles (o resto de clientes só terán de balde as chamadas a móbiles de R).
Iso si, dende R xa se apuraron (¿non deberían ser máis prudentes?) a incorporar a nova oferta á súa comparativa de tarifas:
comparativa de combos de R
Da táboa omitín a parte correspondente á televisión (que estaría presente no Combo 2 e no R) para que se vexan os datos de xeito máis doado. Atendendo a estas tarifas R valoraría a oferta de máis de 80 canles de televisión e radio xunto cunha tarifa plana de chamadas a móbiles en 20 euros, o que para moitos xa compensa só polas chamadas a móbiles (o que abre a porta a que moitos fogares teñan televisión dixital interactiva, e así piquen algún día mercando partidos ou películas… ¡chamádelles parvos!).
O caso é que parece ser a primeira operadora en lanzar unha oferta semellante en España, e podería ser o salto competitivo que R necesitaba para rematar de captar clientes de Telefónica alí onde coexisten en cobertura.

ACTUALIZACIÓN: como todas estas tarifas planas móbiles, inclúe un tope de minutos, que no caso de R é de 500, polo que a moitos aínda lle compensan tarifas como as Vitamina de Vodafone (especialmente se esta semana lanzan a Super 60×1).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...