Máis detalles sobre o servizo de R en Melide

Nas últimas semanas escoitei a varias persoas comentar que xa había servizo directo de R en Melide pese a que a cabina telefónica da compañía segue sen rematar, e...

Nas últimas semanas escoitei a varias persoas comentar que xa había servizo directo de R en Melide pese a que a cabina telefónica da compañía segue sen rematar, e agora unha nota conxunta do Concello e de R aclara un pouco as cousas:

O Concello de Melide xa recibe os servizos de R
Está previsto que preto de 3.500 fogares e empresas de Melide dispoñan de conexión directa á rede de R para acceder aos servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbil R

Martes, 5 de maio de 2009.- Os habitantes de Melide xa poden recibir os servizos de R. Deste xeito, o concello coruñés entra a formar parte do grupo de localidades galegas que dispoñen de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador está a despregar en toda a comunidade autónoma.

R prevé levar os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbil R a preto de 3.500 fogares e locais empresariais de Melide, dos que uns 1.500 xa poden arestora acceder a eles. Cun investimento aproximado de 2,6 millóns de euros, R xa completou unha primeira fase das tarefas de despregamento de rede no núcleo urbano e de seguido está previsto acometer as obras nas rúas do Progreso e de San Roque e na Avenida de Lugo, malia que cómpre obter primeiro as licenzas necesarias. Neste caso, a data programada para o remate dos traballos de obra civil é a remate de xullo deste ano. Teranse despregado, entón, preto de 5 quilómetros de fibra óptica e uns 3,2 quilómetros de obra civil. Ademais instalarase unha cabina telefónica de R na Rúa Evaristo Martín Freire, 15, para abrir por vez primeira en Melide o servizo da telefonía pública á libre competencia.

Ver o resto do texto ▼

Supoño que a nota foi redactada por R xa que continúan a chamar Martín Freire á rúa Alexandre Bóveda (e vén da súa central de prensa), pero entendo que en xullo será cando rematen as obras de R en Melide, no que parece ser un problema de permisos provocado polo feito de que as rúas polas que falta por pasar esta nova infraestrutura están nunha estrada xeral, e non serían de competencia municipal.
¿Alguén dos que len estas liñas tivo a fortuna de probar a conexión de R en Melide? Teño curiosidade por ver cómo é o servizo no rural, pois na Coruña é bastante bo, pero paréceme difícil que manteña ese nivel por toda a xeografía galega.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Enredando nas noites de Luar

    Durante o verán na revista Código Cero publicamos unha entrevista a Pilar Rodríguez Losada, responsable das redes sociais do Luar, e por se a alguén se lle pasou, pégoa...
  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...