¿Imaxinas que paguen 350.000 euros a Julián Muñoz por 2 entrevistas e que non as vexa nin o gato? Iso é posible, e tal é o obxectivo que pretenden acadar dende unha campaña promovida polo responsable do blog 625 ranas.
Polo momento xa hai unha páxina web oficial, dous grupos de Facebook con centos de usuarios (Yo no veré la entrevista a Julián Muñoz e Boicoteo a Telecinco) e un banner que veño de publicar nesta web na súa versión en galego:
Estou certo de que isto non vai servir para nada, xa que a meirande parte da audiencia deste tipo de programas non son precisamente habituais dos blogues, pero non creo que estea de máis manifestar que estamos en contra de que se paguen cantidades económicas indecentes a un delincuente por contar as súas miserias. ¿Dende cando se premia roubar cartos aos cidadáns?
10 Novembro, 2008