AÃnda que nunca fun un seareiro dos disfraces, dende que acudo a eventos como ExpOtaku ou HobbyCon, estou colléndolle o gusto ao mundo do cosplay, pois serve para ver tanto pezas de coidada artesanÃa, como réplicas reais de cousas que só agardabas ver na ficción e mesmo ideas moi orixinais (personaxes interpretados por unha persoa do sexo oposto ou mesturas de varios personaxes). E como mostra de moitos destes traballos, publicaron hai un par de dÃas unha excelente recompilación de disfraces da pasada edición da Dragon Con de Atlanta:
Nas últimas horas publicaron a segunda parte:
Pero calquera desas creacións pode quedar ensombrecida polo magnÃfico disfrace de wookie que fixo Julian Darth Serberus Checkley:
¿E por que se me dá por publicar isto hoxe? Pois porque onte mesmo comecei a ver o docu-reality Heroes of Cosplay de SyFy, e non podo facer máis que recomendalo para quen queira saber algo máis deste mundo tan curioso no que unha persoa é quen de estar medio ano construÃndo unha armadura para vestila só durante unhas horas nunha feira friki.