Cachuli cobra o que non vale

Non creo que fose pola campaña anti-Telecinco e a entrevista que fixeron a Julián Muñoz (que comentan que era unha cousa rara a base de montaxes de vídeos) foi...

Julián Muñoz co terceiro grao penitenciarioNon creo que fose pola campaña anti-Telecinco e a entrevista que fixeron a Julián Muñoz (que comentan que era unha cousa rara a base de montaxes de vídeos) foi un rotundo fracaso con só 1,77 millóns de espectadores e un 11,5% de cota de pantalla, ou sexa, cun resultado peor que o da entrevista a Roldán da semana pasada (15,6%), e quedando moi por detrás de ¿Dónde estás corazón? e de Callejeros, programa ¡que case superou ao de Cantizano!
De sentar precedente o corazón podería comezar a perder peso na grella televisiva, o que sería unha boa nova para case todos. Agardemos que mellore a oferta televisiva grazas a sonoros batacazos coma este. De paso, a ver se tamén aprenden e fan o mesmo co fútbol, e pagan polos partidos o que realmente valen.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS