¡Pobre tartaruga mutante!

En Digg causou furor un debuxo no que se presenta a un Mario desolado por matar accidentalmente a unha das Tartarugas Ninja: Se non me equivoco, o falecido sería...

En Digg causou furor un debuxo no que se presenta a un Mario desolado por matar accidentalmente a unha das Tartarugas Ninja:
Mario mata a unha tartaruga ninja
Se non me equivoco, o falecido sería Leonardo, mentres os mestre Astilla, April e Casey Jones choran a súa morte, aínda que flipei bastante ao ver que en Digg pensaban que Casey era o Jason das películas de Viernes 13.
Unha mágoa que cada día quedenmenos tartarugas ninja, pois hai pouco xa dera conta do pasamento de Michelangelo nunha camiseta, e agora só quedarían 2 para defender os sumidoiros da cidade 😮
Aparte do falecemento de dúas tartarugas come-pizza tamén sinto non ser quen de entender a sinatura do debuxo, para ver se o autor tiña máis ilustracións dese tipo.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS