O pasado mércores, co gallo da presentación do libro das Crónicas de Gáidil (na que apareceu medio blogomillo), atopeime co meu curmán José Ángel e parte de familia (que viñan a dar folgos ó Breogán de Gáidil), e estivo comentándome que fora cos seus cativos a ver nova película das Tartarugas Ninja, e que lle pareceu unha película malísima.
A min sorprendeume que tanto a peli das Tartarugas Mutantes como a última entrega de Bourne se estreasen un martes (véspera de festa) en vez do vindeiro venres porque era a data na que estaban anunciadas inicialmente, pero parece que a xogada lles saíu ben, pois cando pasei hoxe por El Puerto a cola do cine chegaba ata a porta do centro comercial.
Eu son dos que pensa que a nova peli das Tartarugas tería que ter saído directamente en DVD, pois non me pareceu digna do cine, especialmente tendo en conta como era a primeira película (con actores reais) que fora o desencadenante da Tortugomanía alá polo ano 1990, e mesmo mirando os primeiros episodios da serie de televisión, que tiña unha canción caralluda:
Ver a letra da canción ▼
Moitos seguro que lembran a versión en galego, que teño entendido que é do melidense Manuel DeAndrade (¿alguén pode confirmarme tal detalle mega-friki?):
Aínda que para frikadas, a canción de Vanilla Ice para a banda sonora da película de 1990 non tiña prezo. O Ninja Rap convidábamos a berrar “Go, ninja. Go, ninja. Go!“:
O que non sei é o que pensará o de Ask A Ninja de todas estas películas, pero teño entendido que non gustaba moito delas (agora xa non pode responder ao alcume de Desfibrador):
Se aínda non lle pillades o gusto ó ninja, mirade o seguinte vídeo con moitas das súas respostas, nun especial dedicado ás francesiñas máis queridas na Internet:
Alucino co ninja… non me sorprende que o nomearan o mellor actor da Internet nos últimos premios Webby.
Volvendo ás Tartarugas Mutantes teño que recoñecer que para nacer dun cómic independente foron toda unha sorpresa que aínda hoxe arrasa nas xogueterías de todo o mundo (os seus bonecos véndense aínda que non haxa película á vista) e a última serie de animación (que está a saír estes días en DVD) tamén está bastante ben.
No mundo dos videoxogos incluso me atrevería a dicir que son un exemplo a seguir, pois tanto os de recreativa como os de consola son auténticas marabillas. De feito, o xogo para PS2 que está inspirado na película TMNT que se estreou nestas datas paréceme moi superior á obra da pantalla grande, o que ten moito mérito.
¿Conseguirán recuperar as Tartarugas o seu espazo nos medios? ¿Volveremos ver a Leonardo, Raphael, Donatello e Michelangelo na televisión? Eu creo que os rapaces merecen unha serie coma esa, pois me parece que as Tartarugas creadas por Eastman e Laird teñen dereito a facerse un sitio nas grellas da programación coma Son Goku, Lois e Clark, Xena e calquera outra das series que emerxen tódolos anos nas distintas canles de televisión en aberto que hai en España.