Volven á televisión as Tartarugas Mutantes

¿Lembrades a cabeceira da vella serie de televisión das Tartarugas Ninja? Pois o retrouso dese tema recupérase para nova serie que está a preparar Nickleodeon, e que ten moi...

Teenage Mutant Ninja Turtles
¿Lembrades a cabeceira da vella serie de televisión das Tartarugas Ninja? Pois o retrouso dese tema recupérase para nova serie que está a preparar Nickleodeon, e que ten moi boa pinta:

Faríame graza que a TVG adquirise a serie e volvese a contar con Manuel de Andrade para a súa sintonía, como contraste ao papel que actualmente fai no Luar 😉

Por se alguén ten dúbidas sobre o ton da nova serie televisiva, queda claro que, aínda que os personaxes protagonistas son claramente violentos, conseguen convertelos en figuras aptas para todos os públicos como xa conseguiran na serie orixinal, como podemos ver nun fragmento do que chegará en breve:

Iso si, tamén souberon acertar coa animación á hora de amosar combates impresionantes:

Sen dúbida estaremos ante unha boa serie de animación que botará a andar nos EE.UU. o 29 de setembro e a tempada terá un total de 26 episodios (de media hora). Agardemos que os cativos españois poidan vela por aquí cedo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS