Os blogueiros poderemos ver de balde a película Dinosauros 3D na Domus

O martes 30 de setembro ás 20:30 horas a Domus presenta o seu cine tridimensional dixital aos blogueiros cun pase especial de Dinosauros 3D, no que se explicará a...

O martes 30 de setembro ás 20:30 horas a Domus presenta o seu cine tridimensional dixital aos blogueiros cun pase especial de Dinosauros 3D, no que se explicará a tecnoloxía detrás desta nova sala de exhibición cinematográfica da man de Enrique Criado (Enxebre Entertainment). Tamén terá lugar un coloquio e mesmo quedaremos para tomar algo trala peli (ou iso espero).
Os blogueiros interesados en asistir poden inscribirse a través dun formulario web indicando o nome e enderezo do seu blogue. Eu xa o fixen e remitíronme a seguinte invitación:
Invitación para Dinosauros 3D

Anímovos a todos a asistir, pois é unha boa oportunidade para atoparnos uns cantos amigos e de paso ver a tecnoloxía do cine do futuro… perdón, do presente, porque en breve imos ver como as películas de Disney, Pixar e Dreamworks se estrean tamén con esta tecnoloxía, xa que pensan que é unha solución ao problema da piratería (pois achega un valor engadido ás proxeccións cinematográficas que fai que á xente non lle importe pagar por ver as películas dun xeito distintos que na casa).

Non agardedes que isto dos dinosauros en 3D vai ser unha cutrada como a que víchedes no almorzo:
galletas de dinosauros

Dinosauro saíndo da pantallaA produción que deu lugar a Dinosauros 3D. Xigantes da Patagonia é algo moito máis interesante que a nefasta película en 3D que fixera a Disney (pensando que así poderían prescindir de Pixar), pois é unha mestura de paisaxes reais filmadas con modernas cámaras 3D e imaxes xeradas por ordenador para recrear os saurios que habitaban a zona hai 180 millóns de anos (mentres que a peza de Disney amosaba os modelos tridimensionais en 2D).
Para os que non virades nunha unha película en 3D de verdade teño que avisar de que hai dous tipos de proxeccións: no máis básico se percibe a profundidade, mentres que cando se empregan técnicas avanzadas se pode conseguir un realismo que mete medo, pois parece que as cousas saen da pantalla. No cine normalmente se ven películas do primeiro tipo, pero esa tecnoloxía está en vías de extinción e agora temos que preparanos a ver coma os monstros invaden as butacas dos cines. De seguro que máis de un pode levar un susto.
Para facerse unha idea dos contidos da película (que non do seu realismo) podemos ver o seguinte trailer:

Loaded 3DA min ese tipo de contidos non me resulta especialmente rechamante, e supoño que sería máis doado chamar a atención do público se en vez de dinosauros se amosasen tetas en 3D. De feito, tralos comics, o sexo foi un dos eidos nos que os efectos tridimensionais cutres (anaglifos) se utilizaron con máis frecuencia.
O ano pasado, sen ir máis lonxe, a revista Loaded sacou un número co que regalaban lentes para ver en tres dimensións ás mozas espidas do interior da publicación. Para os que garden lentes dese tipo (ou se fixeran unhas na casa) tamén se pode facer a proba con webs coma Nudes3D.com, onde aparecen distintas mozas núas cun efecto de profundidade máis que discutible:
Nudes3D.com
Supoño que o efecto estará creado con algún truquiño de Photoshop, porque a simple vista me parece pouco realista (coido que aparece á mesma profundidade o peito dereito da rapaza e a súa cara, o que só sería posible se fose unha contorsionista de moito carallo). Este tipo de imaxes se poden crear con dúas cámaras ou tirando dúas fotografías dende dúas posicións distintas (a pouca separación) orientadas a un único punto, pero non creo que sexa o caso da web mencionada.

Os anaglifos son un efecto do que non gusto, especialmente despois de ler hai anos o cómic Batman 3D, pois a súa lectura era bastante incómoda. Por sorte, as cousas evolucionaron e dende hai anos existen tecnoloxías moi realistas para representar imaxes tridimensionais (aínda lembro a proxección do Pavillón da Natureza na Expo de Sevilla, da que saíra gratamente impresionado). O vindeiro martes espero que sexa a primeira de moitas outras veces que asista a unha proxección deste tipo nun cine, e que a experiencia nos anime a todos a repetila.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS