22 Maio, 2009
En Microsiervos veñen de dar conta cunha simpática errata na web de La Voz de Galicia:
Paréceme bastante raro que aínda non corrixiran o gazapo porque a súa publicación en Microsiervos a está a expor bastante.
Aproveito a ocasión para felicitar á xente de Agolada que teña a sorte de poder entrar na experiencia piloto (a ver se lle toca a algún dos blogueiros que coñecín o ano pasado nos Pendellos da vila), aínda que de seguro que todos preferirían que fose a propia Telefónica a que levase o ADSL ao seu concello.