Mariano Rajoy, ¿ese maqueiro?

Ante as iniciativas televisivas de capturar en vídeo consultas dos cidadáns para achegalas ós políticos, como TúPreguntas.com, o Partido Popular respondeu con Tu propuesta en 30 segunos, que está...

Ante as iniciativas televisivas de capturar en vídeo consultas dos cidadáns para achegalas ós políticos, como TúPreguntas.com, o Partido Popular respondeu con Tu propuesta en 30 segunos, que está a resultar rechamante porque inclúe un vídeo interactivo no que se ve a Rajoy e outros dirixentes do PP nunha xuntanza ata que, nun momento dado, paran para chamar por teléfono (de verdade) ó visitante á web. O da chamada telefónica coa voz de Rajoy pregravada é un flipe, que de seguro que lles vai saír por un pico ós populares (¿canta xente fará a coña?).
No vídeo eu quedeime coa miña fixación por ver os equipos informáticos que aparecen e sorprendeume ver que Mariano Rajoy ten un Macbook na mesa:
Rajoy co Macbook
Mentres que Ana Pastor fai gala dun Sony Vaio:
Ana Pastor co Sony Vaio
Agora quedo coa dúbida: ¿os ordenadores son de atrezo? ¿Ou realmente Rajoy está feito todo un maqueiro?

Nos EE.UU. os blogueiros tecnolóxicos estiveron consultando a moitos políticos sobre o ordenador e móbil que usan pero coido que en España nunca se publicou ese tipo de información, ¿non? Sería curioso saber se algún político ten un iPhone de importación, se escoitan música en MP3, se teñen un equipo de cine en casa, se o seu televisor é de tubo ou LCD/Plasma… por aquelo de que polos seus trebellos os coñeceredes 😉

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...