Resume do ano en Visionarios del Ciberespacio

Este serán Xosé Ramón Nóvoa convidounos a Javier Wicho Pedreira, David Serantes e un servidor a participar na súa sección Visionarios del Ciberespacio en RadioVoz para facer un repaso...

Este serán Xosé Ramón Nóvoa convidounos a Javier Wicho Pedreira, David Serantes e un servidor a participar na súa sección Visionarios del Ciberespacio en RadioVoz para facer un repaso tecnolóxico do ano.
Entre as miñas achegas estivo o repaso do memology de Facebook e un gráfico elaborado por Yahoo! que resulta moi ilustrativo:
Resume gráfico do ano elaborado por Yahoo!
Por desgraza non tivemos o tempo suficiente e a polémica da Lei Sinde ocupou tanto espazo que non puidemos tratar a fondo temas como as redes sociais, a TDT, o cine en 3D e outras tecnoloxías emerxentes (para min Kinect vai marcar un antes e un despois nas interfaces de usuario a longo prazo, pois non só detecta movementos, senón que tamén recoñece rostros e voz).
Déixovos coa gravación do programa para quen queira pasar 20 minutos escoitando aos blogueiros tecno-frikis máis habituais de RadioVoz:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.


Ah, e tamén agradecer a Antía Díaz que nos aturase no programa Voces de Galicia, que conduce estes días porque Loreto Silvoso está pachuchiña (a ver se mellora) e Isidoro Valerio estaba descansando uns días.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Enredando nas noites de Luar

    Durante o verán na revista Código Cero publicamos unha entrevista a Pilar Rodríguez Losada, responsable das redes sociais do Luar, e por se a alguén se lle pasou, pégoa...
  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...