¿Canto te pareces aos teus ídolos?

Todo o que sexa un pouco mitómano terá actores, cantantes ou personaxes de ficción de referencia, e para os que lle faga ilusión cousas coma cumprir anos o mesmo...

Todo o que sexa un pouco mitómano terá actores, cantantes ou personaxes de ficción de referencia, e para os que lle faga ilusión cousas coma cumprir anos o mesmo día que un famoso (¡eu coincido con Bugs Bunny!), usar a mesma talla de calzado, beber o mesmo refresco ou gustar da mesma cor poderán agora ampliar as súas comparacións grazas a dúas frikadas que venden os de Ziclotech.

Báscula de personaxes e famososO dispositivo que me parece máis cutre é a báscula que, en vez de marcar o peso da persoa, lista persoanxes que coinciden con ese peso, de xeito que podemos saber se somos lixeiriños coma o pequeno Gizmo ou nos aproximamos máis a King Kong. O seu prezo é de 36,5 euros.
No meu caso non creo que sexa algo que me faga especial ilusión porque seguro que só coincido en peso con seres alieníxineas ou loitadores da WWE 😛
Quen vendo a imaxe non recoñeza a Gary Coleman (Arnold na ficción) podería cambiar o seu nome polo do Sr. Galindo, e así igual lle faría máis graza a báscula.

espello coa altura dos famososPero o espello que venden si me parece algo interesante e orixinal, pois se o colocas á altura axeitada (estimo que a uns 134 centímetros do chan) indicará no noso reflexo alturas de distintos personaxes famosos, entre os que aparecen Danny DeVitto, Bruce Lee, Brad Pitt, Arnold Schwarzenegger, Christopher Reeve (antes do accidente), Michael Jordan ¡e o príncipe Felipe!
Tiveron o tino de alternar homes e mulleres nas tallas máis reducidas, e citar só a homes a partir dos 180 centímetros. Vaia, que a moza que sae na fotografía ou é altísima ou colocou o espello moi abaixo.
Este espello sería un agasallo ideal para nenos en idade de crecemento se non fose polo seu prezo (84,95 euros).
Podedes ver a listaxe completa de personaxes na seguinte imaxe:
Espello coas alturas dos famosos

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS