Nos últimos anos hai un tema que moléstame bastante, e é a falta de respecto que teñen as canles de televisión e, máis concretamente, os seus servizos informativos, a manter a relación de aspecto dos contidos, ou sexa, que cando reciben un vídeo en formato panorámico (16:9) dedícanse a estiralo verticalmente para encher a pantalla en formato estándar (4:3) cando as únicas opcións aceptables serían dúas:
– Manter a imaxe, completando o espazo en pantalla con bandas negras coma vén sendo tradicional na retransmisión de películas.
– Aumentar o tamaño da imaxe ata que non quede espazo en negro, de xeito que perderiamos a información nos laterais dos vídeos.
O peor de todo é que non están a dárlle importancia a este asunto, que é coma emitir en branco e negro unha gravación en cor (ou sexa, non respectar o formato orixinal) e queda rematadamente mal á vista (¡que altos son todos!).
Dentro deste tipo de pifias, onte mesmo puidemos ver cómo a presentación do Xacobeo emitida pola TVG estaba en 16:9, pero nos informativos colleron os vídeos do acto e os deformaron horrendamente na súa emisión en 4:3, pegando un cantazo tremendo:
Pero iso mesmo tamén o fan nos informativos de TVE, Telecinco, Antena 3 ou Popular TV:
Mentres, unha canle autonómica modesta (por non dicir cutre) coma Aragón TV molestouse en migrar a súa produción propia a formato panorámico, o que agradecerán todos os usuarios de televisores modernos:
E dende varias canles xa emiten as retransmisións deportivas en formato anamórfico, e esta mesma semana ata La Sexta atreveuse a modernizar o seu programa Sé lo que hicisteis, polo que agora podemos velo nun glorioso formato panorámico:
A ver se cunde o exemplo, e de cara ao apagamento analóxico máis canles optan definitivamente polo formato panorámico, que serve de anticipo do que achegará a alta definición.