No programa The Soup da canle Entertainment (en España chamábase Estilo) fixeron un anuncio-parodia que dá no cravo nas grandes críticas sobre o iPhone 3G nos EE.UU. (o prezo, vaia):
Funcionalidades do iPhone 3G:
– podes marcar no calendario a data na que o rebaixarán de prezo (frustrou a moitos early adopters que fixeran tal coa primeira xeración de teléfonos en só 2 meses)
– permite fotografarte coa reacción ante a rebaixa do terminal
– coa nova calculadora pódese calcular o que un vai gastar no iPhone 3G descontando o que sacará da venda do vello modelo (catro perras)
– o GPS permite localizarte e trazar rutas (pero para percorrelas tenche que quedar cartos para gasofa)
– pódese acceder á Internet dende calquera parte e abrir documentos (coma cartas de desahucio)
E definitiva, que en tempos de crise o iPhone é un furado no peto, pero mola o xeito no que o dan a entender.
Debe estar conectado para enviar un comentario.