Apple publicou na súa web un vídeo en español cunha vista guiada polo iPhone 3G que se porá á venda o vindeiro venres en España, de xeito que os que non coñezan o vello iPhone, e queiran saber se o terminal é axeitado para eles (así como aprender a manexalo en 10 minutos) non deberían perderse este clip audiovisual que tamén se pode ver en inglés:
Iso si, a voz do fulano (tanto en inglés como en español) parece xerada con Loquendo en vez de corresponder a unha persoa real. Supoño que buscan ese efecto para que sexa máis doada de entender a explicación e non presente así rasgos rexionais.
Agora só resta cruzar os dedos e agardar que a comercialización global do iPhone non faga perigar á comunidade non oficial do dispositivo, pois estame preocupando ver que moitas das apliaccións que xa teño de gratis no me iPhone van a pasar a ser de pago a través da AppStore, e iso non mola nada de nada.
Tamén agardo que os rumores de que os xogos e as aplicacións van tender aos 9 euros non sexa verdade, pois de ser así estariamos ante un abuso absoluto. Non esquezamos que os xogos seguen a ser moi limitados e as aplicacións en moitos casos se limitan a engadir funcións que inexplicablemente Apple non incorpora de serie no móbil.
Só me resta dicir que me parece normal que os posibles compradores do iPhone 3G en España estan bastante encabronados porque aínda non publicasen as condicións dos contratos que haberá que subscribir para facerse cun dos terminais, pois se queren adquirir un destes trebellos o venres o lóxico é que antes coñezan o contrato que van asinar, ¿non?
6 Xullo, 2008
Debe estar conectado para enviar un comentario.