O Superman de Fleischer en YouTube

Sen facer moito ruído a Warner publicou hai un par de días en YouTube 7 dos epidios da primeira serie de animación de Superman, creada por Fleischer, que é...

Sen facer moito ruído a Warner publicou hai un par de días en YouTube 7 dos epidios da primeira serie de animación de Superman, creada por Fleischer, que é toda unha xoria que xa pertence ao dominio público, e que podemos ver restaurados, mellorando a calidade algunha das edicións cutres que podían verse por aí, detalle que resulta moi de agradecer. Velaquí o primeiro episodio:

En YouTube podemos ver os 17 episodios da serie orixinal, e aínda que envelleceron moi mal, tanto en argumento como en animación, son un documento histórico digno a ter en conta.

Entre as curiosidades da serie están a introdución cos mítimos lemas de “máis potente que unha locomotora” e “capaz de saltar os máis altos edificios”, que lembrarán os que visen a serie de Superman que botaban hai bastantes anos na TVG. Cómpre destacar que iso de que Superman puidese saltar era porque nun principio os seus poderes limitábanse a consecuencias de vir dun planeta con moita gravidade, ou sexa, que de voar, nada de nada; pero co tempo decidiron engadir máis fantasía para que Supes dese máis xogo. Vaia, que o de voar, a visión calorífica son poderes que se engadiron co tempo, aínda que o meirande poder de Superman (poder ocultar a súa identidade segreda poñendo unhas lentes) si que o tiña dende o comezo. [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS