Déjame entrar: querer e non poder

David fixo hai meses unha crítica da película Låt den rätte komma in, que hoxe chega a España baixo o título de Déjame entrar (que tamén ten versión literaria),...

Déjame EntrarDavid fixo hai meses unha crítica da película Låt den rätte komma in, que hoxe chega a España baixo o título de Déjame entrar (que tamén ten versión literaria), e eu tiña moitas ganas de vela, pero vou ter que quedar con elas, pois non a atopei na carteleira de ningún cine galego, e viaxar a Madrid para ver un filme sería excesivo.
¿Cómo é posible que aínda pasen estas cousas? Na Coruña aínda que só contemos na actualidade con 2 cines, hai unha morea de salas, nas que aínda están a exhibir películas que non ve ninguén, e deixan pasar unha obra de xénero. ¿Acaso o cine de terror non sae case sempre rendible? Coido que neste caso a distribuidora e as salas están a cometer un erro terrible, pois a película promete moito, e é moi doado de vender unha película de vampiros.
Haberá que agardar ao DVD (ou ao P2P) para poder ver esta obra que goza de tanta sona pese a non vir dun grande estudo, pero a min que non me veñan logo chorando dicindo que a xente vai menos ao cine.

ACTUALIZACIÓN (18:38 horas): Jaume Figueras recomendou esta tarde en La Ventana (Cadena SER) ir ver Déjame entrar. ¡Manda carallo! En Galicia imos quedar sen ver a película da semana… e como vexa durante a fin de semana que a anuncian por televisión váime dar algo 🙁

ACTUALIZACIÓN (18-4-2009): Esta mañá no Por fin es sábado de Mayte González en Radio Coruña-Cadena SER tamén recomendaron a película na sección de cine habitual.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS