As curiosas matemáticas de Electronic Arts

Hoxe era a data na que Rock Band debería ter chegado ás tendas españolas, pero parece que finalmente non é así, e só se pode mercar noutros países a...

Rock Band para Xbox 360
Hoxe era a data na que Rock Band debería ter chegado ás tendas españolas, pero parece que finalmente non é así, e só se pode mercar noutros países a uns prezos realmente abraiantes, que ilustro na seguinte táboa:

ESTADOS UNIDOS
Produto Prezo orixinal Prezo en euros
Xogo solto 59,99 dólares 38,02 euros
Xogo cos instrumentos 169,99 dólares 107,74 euros
REINO UNIDO
Produto Prezo orixinal Prezo en euros
Xogo solto 39,99 libras 55,99 euros
Xogo cos instrumentos 99,99 libras 139,99 euros
FRANCIA
Produto Prezo orixinal Prezo en euros
Xogo solto 64,90 euros 64,90 euros
Instrumentos 169,99 euros 169,99 euros
Xogo cos instrumentos 239,89 euros 239,89 euros

Mirando a táboa parece xustificable o cambio de prezos entre EE.UU. e Reino Unido (pois normalmente se considera que 1 dólar = 1 euro), pero no resto de Europa (supoño que tamén en España) o prezo é máis do dobre que en orixe, o que resulta sumamente insultante para os xogadores europeos. Coido que dende Electronic Arts están gañar a pulso que os europeos pasemos deles e apostemos directamente polo Guitar Hero World Tour, que tamén contará con micrófono, guitarra e batería, e promete unha selección musical mellor.

Por se a alguén lle serve de axuda á hora de decidir se merca o xogo, comentarei que a versión de PS2 (a única que probei) é peor que o Guitar Hero no que se refire á guitarra, e peor que o SingStar co micrófono, pero en conxunto está ben. A batería non a cheirei, polo que non teño unha imaxe completa do xogo, pero nótase que é unha primeira versión, pois está menos maduro que os outros xogos mencionados. Estou bastante certo que o Guitar Hero que sairá para o Nadal podería darlle un bo repaso, especialmente no repertorio de cancións, que promete ser maior e mellor, aínda que as cancións de Rock Band non están mal (Wanted Dear or Alive de Bon Jovi, Enter Sandman de Metallica, Creep de Radiohead e I Think I’m Paranoid de Garbage son as miñas favoritas).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS