O xogo musical Lips non está recomendado para nenos

Xa comentei que o xogo Lips procurou ser coherente coa súa campañas promocional, ao incluír o tema Take on me de A-ha no xogo, mentres que o Guitar Hero...

Lips a 59,90 euros
Xa comentei que o xogo Lips procurou ser coherente coa súa campañas promocional, ao incluír o tema Take on me de A-ha no xogo, mentres que o Guitar Hero World Tour pasaba olimpicamente do Old Time Rock and Roll de Bob Seger.
Hoxe constatei en persoa a solución adoptada por Microsoft, o que me parece moi positivo, aínda que o normal sería que a canción estivese realmente no xogo e non que se tivese que descargar coma contido adicional (aínda que sexa de balde).
Pareceume curioso ver no Carrefour (onde o xogo está a 5 euros por debaixo do seu PVP recomendado) que incluso hai un adhesivo na portada do xogo deixando claro que a canción que se escoita na televisión se pode cantar en Lips, pero o sistema que ten para integrar o tema musical é un tanto farragoso, xa que se asocia a unha conta de Xbox LIVE, de xeito que de querer cantarse a canción dende un perfil de usuario off line non sería posible 🙁
Lips e o seu código PEGIPero o que me pareceu máis rechamante foi ver o código PEGI +12, ou sexa, que non estaría recomendado para nenos, cando é un xogo musical. Non o entendín ata que din a volta á caixa e aparecía unha icona representando linguaxe obscena. ¿Hai referencias a sexo e violencia en Lips? Paréceme raro, e quero pedir axuda dende aquí. ¿Algunha das cancións en español do xogo ten unha letra que podería resultar ofensiva para os cativos? Lémbrovos que a listaxe de temas en cristiano é a seguinte:
– Alaska y Dinarama: A quién le importa
– Alejandro Sanz: Corazón Partío
– Andrés Calamaro: Flaca
– Belanova: Baila mi corazón
– Chetes: Completamente
– David Bisbal: Quién me iba a decir
– Despistaos: Cada dos minutos
– Duncan Dhu: En algún lugar
– El sueño de Morfeo: Demasiado tarde
– Fanny Lú: No te pido flores
– Héctor Lavoe: Che Che Colé
– Jarabe de Palo: Olé
– La Factoría: perdóname
– Luis Miguel: Un hombre busca a una mujer
– Pimpinela: Olvídame y pega la vuelta
– Selena: Bidi Bidi Bom Bom
– Son by Four: A puro dolor
E só poño os temas en español porque supoño que os do PEGI non dan por sentado que os nenos pequenos entendan perfectamente inglés. Quitando o feito de que algunha das cancións non sería recomendable para ningunha idade, ¿vedes algunha alusión nas letras que poida resultar conflitiva? ¿Ou será que simplemente nalgunha canción din caca ou teta?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...
  • O cine friki de 2017

    Parece que imos ter un 2017 dun friki subido se atendemos ás estreas cinematográficas que, aínda que non teñen unha data totalmente pechada, quedarían aproximadamente do seguinte xeito: 13...
  • Tecnoloxía para o ano 2017

    Esta semana chamáronme do programa Área Pública da Galega para ver se podiamos facer un pequeno adianto do que será a tecnoloxía durante o ano que entra: Aínda que...