Bye, bye, ADSL rural

Hoxe en Voces de Galicia comezamos falando dos médicos que pasan consulta a través de Second Life, da nova Tarifa Plana Naveghable de Orange, do desconto na compra de...

Hoxe en Voces de Galicia comezamos falando dos médicos que pasan consulta a través de Second Life, da nova Tarifa Plana Naveghable de Orange, do desconto na compra de ordenadores de Apple grazas a Universia, do robot baseado na película Wall·E e, especialmente, da desaparición do ADSL rural:


Non creo que a recollida de preto de 2.000 sinaturas afectase a tal decisión, pero o feito de que a partir de xuño comecen a eliminar o paquete de ADSL rural é unha moi boa nova. A partir de entón, os usuarios destas liñas verán como a súa velocidade pasa a ser de 1 ou 3 Mbps (segundo a zona na que vivan) e, en caso contrario (ou sexa, cando a velocidade non se poida incrementar por limitacións técnicas), reducirán a cota de abono mensual dos 39,90 euros + IVE actuais a 29,90 euros + IVE.
Alédome especialmente polos 8.061 galegos que teñen contratadas este tipo de liñas de acceso á Rede, que se poderán achegar ás velocidades ás que navega o resto da poboación, aínda que continúen a estar lonxe das velocidades que dan operadoras coma R por un prezo semellante.

televisión no iPhone grazas a OrbRemato recomendando Orb, unha aplicación de balde que funciona a xeito de servidor multimedia, polo que permite compartir as fotografías, cancións e películas que teñamos no ordenador con outros equipos conectados en rede coma consolas de videoxogos (PS3, Xbox 360 ou Wii), axendas electrónicas tipo Palm, algúns móbiles Nokia e mesmo o iPhone e o iPod Touch. Dese xeito, aforramos o traballo de converter os vídeos descargados da Internet para os nosos trebellos, xa que tal tarefa se fai en tempo real cando queremos acceder aos contidos.
Destaca que tamén acepta algunhas tarxetas sintonizadoras de televisión, o que permitiría ver a televisión en directo dende o iPhone, algo que pode resultar moi práctico nalgunhas situacións (coma ir ao servizo no medio dun partido de fútbol ou para seguir un programa dende a cama sen molestar a outras persoas).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS