¿ADSL rural?

O meu irmán ía contratar esta semana unha conexión ADSL (fóra de Melide) para aproveitar a oferta de Telefónica na que che daban a alta de liña e un...

ADSL RURALO meu irmán ía contratar esta semana unha conexión ADSL (fóra de Melide) para aproveitar a oferta de Telefónica na que che daban a alta de liña e un router Wi-Fi de balde, pero vese que ese tipo de promocións non valen para calquera, e aínda que comprobara a cobertura do ADSL nun número telefónico do mesmo edificio (que supostamente podería contratar ADSL normal), sorpréndeno dicíndolle que non pode acollerse á oferta e que ten que pagar 120 euros de alta e 60 euros/mes, polo que entendo que lle están a ofercer ADSL rural, ¿non?

¿Alguén me pode iluminar sobre as tarifas desta tecnoloxía? Porque a min me pareceren totalmente abusivas (especialmente porque ese tipo de conexións conta con subvención comunitaria) e tiña entendio que a idea era procurar que a xente tivese conexións medianamente aceptables, pero a prezos estándar.

Tamén escoitei a un rapaz de Melide (onde se pode contratar ADSL ata 3 Mbps) que algunha rúa das aforas da vila tamén ofrecían o ADSL rural, o que me deixa bastante descolocado. Gustaríame coñecer a experiencia de algún máis, non só no tocante a coberturas, senón especialmente sobre tarifas, pois me parece bastante grave que para a xente con menos poder adquisitivo a fenda dixital sexa cada día máis grande porque teñen que pagar máis por menos 🙁

NOTA: A imaxe que acompaña este texto está chorizada de Aduaneiros, como moitos supoño que lembrarán.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...