Coidado coa promoción de El País

Esta semana comezaron a anunciar na SER unha nova promoción de El País en colaboración con Vodafone que comeza este domingo: Como estou comezando a ver en varios blogs...

Esta semana comezaron a anunciar na SER unha nova promoción de El País en colaboración con Vodafone que comeza este domingo:
Promoción de El País e Vodafone
Como estou comezando a ver en varios blogs que falan do tema como se fose unha super-oferta véxome na obriga de avisar de que non é unha ganga nin nada que se lle asemelle.

Nun principio, o adaptador USB que venden o ofrecen xa ou de balde ou por 29 euros segundo o paquete o tipo de contrato, polo que en realidade o que veñen a dar son as cotas do servizo durante 2 meses e medio. O que pasa é que hai moitos detalles escuros na promoción:

  • A velocidade de acceso contratada é dun máximo de 1 Mbps durante o primeiro xiga de transferencia (tralo que pasará a 128 Kbps, o que dista moito dunha velocidade aceptable hoxe en día)
  • As boas velocidades de acceso só se acadan en zonas con cobertura HSDPA, ou sexa, que nada de ir coma un tiro na praia ou no río Furelos
  • A promoción precisa da contratación dun plan de voz o que eu entendo que se traduce en pagar 9 euros/mes aparte da tarifa Habla y Navega e que levarían consigo unhas obrigas de permanencia na compañía de 18 meses
  • A tarifa Habla y Navega non me parece precisamente vantaxosa, pois son 49 euros/mes

Como vedes, a oferta non pinta moi ben. Para comezar, os móbiles que xa dá por 0 euros Vodafone permiten conectar o ordenador á Rede a unha velocidade de ata 384 Kbps, que posiblemente non superará o dispositivo USB en case ningún momento (a xente que coñezo que provou o chisme dixo que as velocidades era moi inferiores ás prometidas) ou sexa que é como cando a xente contrata un ADSL de 20 Mbps e logo apenas lle chega ós 2 Mbps. Dito doutro xeito: o dispositivo USB non serve para nada (xa que os móbiles que ten Vodafone normalmente xa traen o cable USB ou se poden conectar ó PC por Bluetooth).
Podemos engadir que 1 Gb de transferencia para un mes é unha merda pinchada nun pao. Vén a ser algo así como navegar un pouco por aí e ver un par de vídeos de YouTube cada día. E iso sen contar que o sistema non acepta o uso de redes P2P (supostamente cobrarían o seu uso fóra do paquete contratado, aínda que non se especifica cómo diferencian o tráfico de redes P2P nin nada semellante).
E para rematar teño que criticar duramente os prezos das conexións de datos móbiles, pois son elevadísimos. De feito, a quen lle interese conectarse á Internet fóra da súa casa eu proporíalle que contratase Yoigo, pois cobra 1,2 euros/día (non cobra os días nos que un non se conecta) o que viría a ser unha tarifa de entre 6 e 37,2 euros/mes segundo o consumo. Dado que o acceso se pode facer dende case calquera terminal actual a unha velocidade de ata 384 Kbps a cousa estaría bastante mellor que conectarte co trebello de Vodafone a 128 Kbps, xa que a conexión a 1 Mbps coa tarifa Habla y Navega só duraría 2 horas e cuarto ó mes (tralo que baixaría drásticamente a 128 Kbps).
Vaia, que anunciar que a velocidade que venden é equiparable ó ADSL non só é unha esaxeración, senón que omite tódalas desvataxes que ten a oferta. De feito, o microsite da promoción Habla y Navega xa non existe, estando as condicións de contratación bastante agochadas na web de Vodafone. Para os que non as coñezan, aquí están:

Válido para clientes particulares de contrato y autónomos (Con contrato de voz: nuevo mañana Navega, nuevo tarde Navega, nuevo 60*1 Navega, nuevo 10€ gratis Navega, nuevo vitamina al segundo Navega, Universal 25 Navega, Universal 40 Navega, Universal 60 Navega y +20 Navega; y contrato de datos: tarifa plana 3G ilimitada) firmando un Contrato de permanencia 18 meses

* Llamadas Voz: llamadas a fijos nacionales, excluido Roaming.
Máximo 1.000 minutos/mes y 150 minutos/llamada.
A partir de 150 minutos el precio es de 18 cént/min.

** Internet: Tráfico ilimitado a excepción del tráfico en Roaming y en uso de servicios P2P.
Velocidad máxima de hasta 1Mbps para consumos adecuados inferiores a 1GB/mes a partir del cual se ajustará hasta una velocidad máxima de 128 Kbps.
Cualquier uso indebido o fraudulento del servicio dará derecho a la modificación de las condiciones de prestación del mismo o incluso a su suspensión por parte de Vodafone.
Impuestos Indirectos no incluidos.

Como vedes, as condicións son moi limitantes, e a opción de Yoigo é moito mellor. Todo iso dígoo como cliente de Vodafone, ou sexa, que estudiando a oferta da compañía de telefonía coa que estou encantado (antes estaba con Amena, e a diferenza en servizos e cobertura é abismal) teño que admitir que non teñen unha boa promoción de acceso á Rede que, por outra banda, si ten Yoigo, empresa que ofrece os seus servizos a través da rede de Vodafone (agás en Vigo, onde ten infraestrutura propia) polo que se eu precisase dun servizo deste tipo o tería claro.

E xa postos a falar de promocións de telefonía móbil, ¡moito coidado coa última de Movistar! Na Internet xa a están poñendo podre, e non sen razón.

Para rematar co asunto (dun xeito menos crítico) só direi que a promoción de El País e Vodafone non está mal de todo, e que tamén ten cousas positivas:

  • Permite aforrar 29 euros dun dispositivo USB
  • Achega 2 meses e medio de cotas mensuais de balde
  • O dispositivo USB incluso funciona en equipos de Apple
  • Cos cupóns vén un xornal moi xeitoso que eu compro tódolos xoves porque trae un suplemento tecnolóxico caralludo 😉

Vaia, para min estes pros non compensan os seus contras, pero hai xente para todo. Continúo a pensar que os que piquen na promoción están a tirar os cartos, pero que cadaquén faga o que lle pete.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Enredando nas noites de Luar

    Durante o verán na revista Código Cero publicamos unha entrevista a Pilar Rodríguez Losada, responsable das redes sociais do Luar, e por se a alguén se lle pasou, pégoa...
  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...