Simpson Break

¿Cómo sería Prison Break se estivese protagonizada polos Simpson? Agora podémolo ver no seguinte vídeo: Se os Simpson estivesen en emisión en La Sexta seguro que utilizaban esta promo,...

¿Cómo sería Prison Break se estivese protagonizada polos Simpson? Agora podémolo ver no seguinte vídeo:

Se os Simpson estivesen en emisión en La Sexta seguro que utilizaban esta promo, e colocaban as dúas series consecutivas na grella da programación (¿a quén se lle ocurriría a idea de botar a serie de Eschoflin a primeira hora da tarde?).
Tampouco entendo que boten Me llamo Earl (¡episodios novos!) despois de Sé lo que hicísteis. ¿Acaso parece unha serie apta para todos os públicos? E iso de que revisan as series para eliminar os contidos non aptos aínda me parece peor. ¡¿Por qué mutilan as series?! Ademais, sen ningún sentido, pois en series como a de Earl o problemático non é que se vexa sangue ou tetas, senón que aparece xente facendo parvadas, quítanlle ferro á delincuencia, aos embarazos ao tolo, aos cornos, á inmigración ilegal, a insultar á xente… vaia, que por moi graciosa que sexa (é unha das miñas series favoritas) é moito menos recomendable para os cativos que Shin Chan. E logo as asociacións de pais protestan porque boten series hentai ás 2 da madrugada, pero non din nin chío polas series e películas de sexo e violencia que enchen o serán en moitas canles.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS