Os guionistas de Padre de Familia, ¿plaxian ós Simpson? Supoño que non será algo feito conscientemente, pero en YouTube hai probas:
Eu non creo que Padre de Familia sea un plaxio, pois sería como dicir que O Príncipe de Bel-Air é unha copia de La Hora de Bill Cosby ou Cosas de Casa. As comedias familiares son todo un xénero televisivo, e se nos poñemos así, ata Shin Chan sería unha copia dos Simpson (ou de South Park), pois hai que recoñecer que a serie de Matt Groening ten tanto éxito que xa se converteu en parte das nosas vidas… ¡especialmente polas redifusións dos episodios (coido lembrar que en España se botaron unha media de 11 veces cada capítulo, polo que é normal que os saibamos de memoria)!
Para min Padre de Familia ten uns personaxes moi diferentes e un humor que, agás en episodios puntuais, vai en direccións moi distintas á da familia de Springfield. Se Peter Griffin fose o protagonista exclusivo da súa serie converteríase en Homer, pero Brian e Stewie dan certa orixinalidade á serie (e non teñen nada que ver co Axudante de Santa Claus e Maggie).
Iso si, eu adoro as dúas series, pero cando falamos das súas series curmáns a cousa xa non está tan equilibrada, pois se ben Futurama me parece tan boa como os Simpson, Padre Made In USA paréceme moitísimo peor que Padre de Familia.
12 Maio, 2007