As miñas 20 series de televisión favoritas

Respondendo ó meme de Dani, teño que dicir que definir as miñas 20 series de televisión favoritas é algo moi complicado, porque non sei o criterio que debo seguir....

Respondendo ó meme de Dani, teño que dicir que definir as miñas 20 series de televisión favoritas é algo moi complicado, porque non sei o criterio que debo seguir. O principal defecto de facer unha listaxe deste tipo é que todos tendemos a citar series recentes porque son as que temos máis frescas na memoria, o que nos leva a cometer lapsos imperdoables. Deixando claro iso, velaquí a miña listaxe:

  • Los Informáticos (The I.T. Crowd)
  • Heroes
  • Enterprise (para min é a mellor serie de Star Trek)
  • Firefly
  • Cabaleiros con Aquel (The League of Gentlemen)
  • Prison Break (a primeira tempada)
  • La Liga de la Justicia (serie de animación, 2001-2006)
  • Infelices para siempre
  • Padre de Familia
  • Futurama
  • Los Simpson
  • As Bolas Máxicas (Dragonball)
  • Boston Legal
  • Battlestar Galactica (serie actual)
  • South Park
  • Perdidos (Lost)
  • Matrimonio con hijos
  • Me llamo Earl
  • Cómo conocí a vuestra madre (How I met your mother)
  • 24

Tería que engadir tamén unha escolma de series nostálxicas:

  • Los Fraguel
  • Ulises 31
  • Comando G
  • Dragones y Mazmorras
  • Os Pitufos
  • O Dr. Slump e Arale
  • Batman (serie de animación, 1992-1995)
  • Dr. Who (etapas de Baker e Eccleston)
  • Salto no tempo (Quantum Leap)
  • Star Trek (a serie orixinal)
  • Búscate la vida (Get A Life)
  • Doctor en Alaska
  • Flash
  • Transformers (serie orixinal)
  • As Tartarugas Ninja (Teenage Mutant Ninja Turtles)
  • O mundo de Beakman
  • Buck Rogers no século XXV
  • Spider-Man (a que botaban por Antena 3)
  • Lois y Clark: Las nuevas aventuras de Superman
  • Xena

E citando tantas series estou certo de que esquecín algunha que me encantou no seu día, pero que neste momento non podo lembrar. Teño que comentar que, así como destaco a serie da Justice League, tamén me gustan as de Batman e Superman ou mesmo a dos Teen Titans ou a Lexión de Superheroes, pero só destaco a miña serie favorita das baseadas nos últimos anos en personaxes de DC.
Cito series coma Xena (aínda que tamén me gustaba a de Hércules) e Lois e Clark (aínda que tamén sigo puntualmente Smallville) porque quero reivindicar a figura das series de verán. O verán fai que as televisións se arrisquen a emitir produtos que no inverno non atopan espazo na grella (como lle pasou durante moito tempo a Buffy, outra serie que adoro xunto coa de Angel) e iso é moi de agradecer.
Deixei fóra da listaxe series coma House, Dexter, Shark e outras en curso porque aínda están a tempo de decepcionarme. Tampouco mencionei series españolas e galegas porque, aínda que seguín fielmente algunhas, coido que na súa meirande parte non souberon abandonar a tempo (como Mareas Vivas) ou non os vou lembrar coma referentes no futuro.
Repasando os títulos decateime de que recollo principalmente títulos de acción e comedia, polo que entendo que os dramas non teñen prioridade nas miñas preferencias de consumo televisivo.
¿Alguén se anima cunha listaxe coas súas 20 series favoritas? ¿E coas súas series nostálxicas preferidas?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS