Hai moitos anos que coñezo o chiste do publicista que cando lle encargan facer unha campaña promocional de Cravos Martínez deseña un cartel con Cristo crucificado no que aparece o lema «Cravos Martínez: cravan a Dios» e que ante protestas do anunciante cambiou a ilustración de xeito que se ve unha cruz baleira xunto a frase «Con Cravos Martínez isto non pasaría». Pois parece que uns publicistas decidiron aproveitar a idea para facer unha campaña real, aínda que en vez de anunciar cravos, promocionan pegamento ultra-forte:
O pegamento No More Nails (¡Adeus aos cravos!) é un produto de Henkel, comercializado baixo a marca UniBond, e pretende servir para fixar elementos sen utilizar nin parafusos nin cravos, ou sexa, para facilitar o bricolaxe caseiro (aínda que a min me dá a impresión de que esas cousas só valen para os mobles de Ikea).
Supoño que o anuncio tería moi pouca difusión, agardando que causase polémica, e así conseguisen publicidade de balde en televisións e prensa.
15 Abril, 2008
Debe estar conectado para enviar un comentario.