Belén Esteban promociona a revista El Jueves

Despois da campaña publicitaria que a Casa Real fixo a El Jueves denunciando unha das súas portadas e levando ao secuestro dun número, chega agora Belén Esteban e denuncia...

Portada alternativa de El JuevesDespois da campaña publicitaria que a Casa Real fixo a El Jueves denunciando unha das súas portadas e levando ao secuestro dun número, chega agora Belén Esteban e denuncia á publicación satírica por unha das portadas alternativas que saen no seu interior (ou sexa, que ven catro gatos) o que dispara a visibilidade dun chiste que tería pasado desapercibido, no que é un exemplo de libro do coñecido como efecto Streisand.
Amais está o feito de que a polémica viñeta non reflicta a Belén Esteban, senón a unha moza xenérica practicando sexo cun toureiro xenérico, ou sexa, que é un simple exercicio de crítica, polo que a xente de El Jueves debería estar tranquila sobre a denuncia, de xeito que a cousa só terá unha repercusión para eles: maiores vendas e un filón para facer chistes as vindeiras semanas.
De todos os xeitos, dubido que a Estaban sexa capaz de eclipsar a Teddy Bautista 😉

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS