Twitter, cousa de chiste

Nas últimas semanas dá a impresión de que os medios de comunicación de masas descubriron a cousa esa do Twitter, pese a ser unha plataforma veterana na Rede, pero...

Nas últimas semanas dá a impresión de que os medios de comunicación de masas descubriron a cousa esa do Twitter, pese a ser unha plataforma veterana na Rede, pero o tipo de informacións que publican son realmente lamentables. Como exemplo teriamos a ruptura de Jennifer Aniston co seu mozo, John Mayer, da que culpaban a que o fulano estaban enganchado ao Twitter (cando o certo é que prestaba pouca atención á súa parella, e o de Twitter é só un xeito de ilustralo), ou que Demi Moore respondeu a unha ameaza de suicidio a través de Twitter… vaia chorradas que saen na prensa só para mencionar a unha ferramenta de moda, aínda que o certo é que realmente non está de moda, senón que a usamos só uns tantos frikis (non coma Facebook, pois hoxe xa case é un friki o que non se conecta a esta plataforma de redes sociais).
Vaia, que a impresión que estamos a ter de Twitter é unha carallada, polo que non sorprende que inspirase tiras cómicas nos EE.UU., das que foi especialmente atinada a de John Darkow, que dá a entender que iso de andar contando a todo o mundo o que un fai pode ser totalmente irrelevante:
twitter non é tan interesante

Seguindo co mesmo razonamento, Nate Beeler ilustra cómo utilizaría Obama o Twitter, e tamén sería bastante aburrido:
Obama tuiteando

Mentres que Mike Keefe critica que a limitación das mensaxes a 140 carácteres realmente é un paso atrás:
The Evolution of Communication

Aínda que sendo máis esaxerado, nas SuperNews (de Current TV) fan unha parodia do mundo de Twitter que, aínda que é algo borde (e pouco realista) pode facer graza:

En definitiva, que o Twitter non para de verse coma un chiste, pero a cousa podería cambiar moito, aínda que iso dependerá non do servizo en si, senón do uso que deamos do mesmo. Hai moita diferenza entre utilizar tal plataforma para dicir que un vai botar unha mexada e comentar un detalle interesante que atopou na web (animando un debate).
De todos os xeitos, teño a impresión de que Facebook vai fagocitar totalmente a Twitter (aínda que Google podería ter algo que dicir ao respecto).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS