South Park remata coas estrelas de YouTube

En YouTube naceron moitas estrelas coma o tío que se disfraza en plan Tron, o tolambrán que berra que deixen en paz a Britney Spears, o Star Wars Kid,...

En YouTube naceron moitas estrelas coma o tío que se disfraza en plan Tron, o tolambrán que berra que deixen en paz a Britney Spears, o Star Wars Kid, o que canta Chocolate Rain, o do Numa Numa, o esquío dramático, o panda que esbirra, o ninja negro, o bebé que ri… e no último episodio de South Park lles fan toda unha homenaxe:

Iso si, Trey Parker e Matt Stone non puideron deixar a cousa estar, e decidiron rematar con tódolos personaxes ao máis puro estilo Reservoir Dogs:

A verdade é que non creo que haxa un xeito mellor de promocionar a web South Park Studios (na que se poden ver tódolos episodios da serie enteiros) que derrotando aos principais éxitos de YouTube literalmente. Iso si, coma os de South Park son norteamericanos non meteron a Rodolfo Chikilicuatre no allo 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS