A finais de xaneiro e este luns se deu a coñecer que a vindeira semana se presentará oficialmente esta tradución, pero o que se lle escapou de xeito xeral aos medios é que o paquete de tradución de Vista ao galego leva dispoñible para a súa descarga dende o 6 de marzo.
Eu espero poder asistir á para coñecer polo miúdo cómo será a comercialización do Vista en galego (pois parece ser que varios fabricantes van vender equipos en galego, aínda que sospeito que se venderán case en exclusiva á Administración). Empezará así a campaña Faille un clic ao galego, que eu xa quero comezar dende aquí. Iso si, sospeito que todo vai ser un copy & paste da campaña catalá que comezou hai un ano. ¿Por qué nos levarán sempre a dianteira? (fixémonos en que a web promocional está baixo o dominio microsoft.cat, e nós teremos aínda que agardar para ter un .gal operativo).
Iso si, a presentación do Vista en catalán que fixeron dende TV3 me pareceu moi pavera:
¿Farán algo semellante dende a TVG? ¿Veremos a Belén Regueira ou a Yolanda Castaño dentro dun ordenador con Windows Vista? Se non houbese problemas cos dereitos, eu apostaría por unha versión protagonizada polo Shin Chan 😛
1 Abril, 2008
Debe estar conectado para enviar un comentario.