Windows 8 e o galego

Dende o non paro de falar marabillas do novo sistema operativo de Microsoft, que sen ningunha dúbida é o mellor Windows que se fixo nunca, principalmente polo bo uso...

Dende o non paro de falar marabillas do novo sistema operativo de Microsoft, que sen ningunha dúbida é o mellor Windows que se fixo nunca, principalmente polo bo uso que fai da memoria, a súa velocidade e incluso a súa estabilidade, e tras máis dun mes de uso (xa tiña a súa versión preliminar instalada) só pode recomendar esta nova plataforma para practicamente todos os equipos que teñan como mínimo 2 Gb de RAM (con 1 Gb vai bastante ben, pero non o probei o tempo suficiente nun equipo cativo para saber se vai realmente mellor que Windows 7).
Aínda que o menú principal de Windows 8 e as súas baldosas (Live Tiles) poidan causar rexeitamento inicial, estou a comprobar que resultan máis estéticas e produtivas que o vello menú de inicio de Windows, e que non estea interesado nas mesmas, a cousa ten o seu apaño (hai aplicacións que permiten recuperar o menú de inicio) aínda que non podo recomendar ir contracorrente no que considero que é unha innovación moi positiva.

O que si quixera facer é dar un par de consellos sobre a súa configuración. Primeiro, recomendar a activación do inicio de sesión automático (entendendo que estamos nun equipo cun único usuario, claro), de xeito que empezar a traballar no equipo é moito máis áxil.

Para facer iso temos que teclear netplwiz (non é preciso ter que pinchar antes en ningún campo de busca, pois o Modern UI xa fai tal de xeito automático) e aparece a aplicación de configuración de contas de usuario, onde temos que desmarcar a opción de “Los usuarios deben escribir su nombre y contraseña para usar el equipo”. Et voilà!

Pero esta non é a única cousa que considero recomendable facer en Windows 8, senón que tamén quixera recomendar un detalle na configuración de idioma, que consiste en instalar varios idiomas aínda que non vaiamos a usalos. ¿Por que? Pois porque a tenda de aplicacións integrada en Windows 8 só amosa resultados nos idiomas que teñas instalados, e se non tes o español e o inglés practicamente non atoparás ningún contido na mesma (e hai cousas interesantes, incluso de balde).

Tamén quixera que no momento de instalar o galego vos fixedes en se no menú de preferencias aparece o texto de “Idioma de visualización de Windows: Dispoñible para descargar”, pois nese caso teriades que ir a Opcións para instalar efectivamente o galego e non só de xeito aparente (unha especie de castrapinglish nada recomendable).
[content_right title=””]

Windows 8 é o primeiro
sistema operativo de Microsoft
que está dispoñible en galego
dende o primeiro día.

[/content_right]Quedei gratamente sorprendido coa posibilidade de utilizar Windows 8 traducido ao galego dende o seu lanzamento, pois habitualmente o paquete de idioma do galego chegaba cun ano de retraso. Coido que detrás deste traballo está a área de localización de Imaxín, que nos últimos anos ten axudado a galeguizar o Windows e o Office, e desta volta parece que volveron a conseguir un bo acabado, como pode comprobarse nas aplicacións preinstaladas no sistema.
Podemos consultar o estado do tempo, ler o correo electrónico, facer anotacións no calendario, comprobar as notificacións de Twitter e mesmo acceder á tenda de aplicacións integrada empregando o galego en todo momento, o que é moi de agradecer. Incluso hai algún detalle de tradución que ao velo somos conscientes de que a localización do Windows 8 estivo traballada. Por exemplo, o máis destacado na Tenda está agrupado baixo a sección Sobranceiro.

Relación de linguas nas que está dispoñible inicialmente Windows Phone 8

Vese que dende Microsoft están a facilitar a tradución a outras linguas, aínda que con algunhas sombras no proceso: polo momento o Office 2013 (do que ) aínda non está dispoñible en galego (aínda que si inclúe o correspondente corrector ortográfico) e Windows Phone 8, pese a pasar de 24 a 50 idiomas, en España limitouse a engadir o catalán, deixando ao éuscaro e ao galego na despensa. Esperemos que nos vindeiros meses lembren o seu esquecemento e nos teñan en conta para poder mellorar a presenza da nosa lingua na tecnoloxía do noso día a día.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...