A oficina mellor aproveitada do mundo

Os xaponeses tenden a inventar cousas que só se lles pasaría a eles pola cabeza, en boa medida porque viven nunhas condicións nas que o espazo é un luxo...

Trunk StationOs xaponeses tenden a inventar cousas que só se lles pasaría a eles pola cabeza, en boa medida porque viven nunhas condicións nas que o espazo é un luxo que non se poden permitir, o que explica que vendan a Trunk Station, que é unha caixa de 90 x 61,5 x 119 centímetros que se pode converter nun escritorio con espazo para arquivadores e mesmo ocos para pasar os cables do ordenador.
Coma exemplo de aproveitamento de espazo está moi claro, aínda que me deixa bastante flipado que custe 198.000 iens (1.252,55 euros) pois semella máis un produto de teletenda que unha peza de luxo. A min dame no nariz que calquera día veremos imitacións no catálogo de La Tienda En Casa. ¿Quén ía dicir que a filosofía da cama empotrada se podería aplicar a un escritorio completo?

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS