Cuatro celebra a Noite de Reis dun xeito moi especial

Veño de quedar impresionado ó ver a programación de televisión da noite do sábado e a madrugada do domingo, pois os de Cuatro parece que queren facer un agasallo...

Sin City en CuatroVeño de quedar impresionado ó ver a programación de televisión da noite do sábado e a madrugada do domingo, pois os de Cuatro parece que queren facer un agasallo de luxo ós seus espectadores coa estrea en aberto da película Sin City baseada no cómic de Frank Miller, que é unha das mellores adaptacións da 9ª á 7ª arte que se fixeron nunca.
Pero a cousa non termina aí, senón que trala xoia de Miller e Rodríguez, chegará El Club de la Lucha, outra das grandes películas de referencia, que tamén é unha adaptación (dun libro), e da que gusto moito, tanto polo seu desenvolvemento coma polo seu final.

Algúns criticarán que o cine violento non é axeitado para a Noite de Reis, pero

eu creo que está moito mellor emitir estas marabillas do cine que seguir o exemplo doutras canles coma Telecinco (con La Noria), a Galega e laSexta (ambas con fútbol). La 1 parece seguir o exemplo de Cuatro, e tamén botará película (El Tercer Gemelo, baseada no libro homónimo de Ken Follett) e a programación de La 2 coido que é un misterio pois, entre outras cousas, tiña programado seguir o Lisboa-Dakar (que se suspendou por mor de ameazas terroristas).
A única canle que parece pensar nos cativos nesta data é Antena 3, que vai botar unha maratón de episodios dos Simpson (aínda que segundo a súa web emitirán o espazo Cinematrix, pero tamén poñen que logo botarán El Patriota, polo que coido que a programación que alí sae corresponde á semana pasada).
A verdade é que agradezo que non fagan especiais de Reis, pois ese tipo de programas normalmente son moi cursis, e serían capaces de colar unha repetición coma fixeron con Raphael en Noiteboa. Este ano toca unha guerra entre o fútbol e o cine, e agardo que gañe este último.

zp8497586rq

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...