Tecnoloxía para as vacacións en RadioVoz

Onte en Voces de Galicia tocou falar de tecnoloxía aínda que non fose luns, por aquilo de que durante as vacacións sempre podemos tirar proveito de moitos trebellos e,...

Onte en Voces de Galicia tocou falar de tecnoloxía aínda que non fose luns, por aquilo de que durante as vacacións sempre podemos tirar proveito de moitos trebellos e, aínda que non puiden gravar o fragmento do programa, repasar as recomendacións que fixen non estaría de máis.

Selk BagPor unha banda a Isidorio Valerio fíxolle moita graza o Selk Bag, que pese a non ser algo tecnolóxico, se pode mercar na tenda virtual galega PlanetaPlutón.com, e que vén a ser un saco de durmir con forma humana, o que moitos confundirían de xeito doado cun boneco de Michelín 😉
Monster PodNa mesma tenda tamén vende o Monster Pod, que sería o trípode ideal para Peter Parker, pois permite colocar a nosa cámara dixital en case calquera parte para que as nosas fotos non saian movidas.
No tocante á toma de imaxes, aparte da fotografía tamén está o vídeo, e a Sanyo Xacti CA65 seguro que enamora a máis de un durante o verán, xa que permite gravar na auga ata 1,5 metros de profundidade, ou sexa, perfecto para piscinas e praias.
Para o uso de trebellos na auga tamén falei da empresa H2O Audio, especializada en facer somerxibles os iPod de Apple, e mesmo ten auriculares resistentes á augua (o que é moito máis complexo do que parece).

Archos 605 Wi-FiE falando do iPod, quixen destacar unha alternativa que pode resultar moi atractiva de cara ás vacacións, o Archos 605 Wi-Fi, que se vende a prezos dende 199 euros e que resulta unha opción moi práctica para poder ver películas cando esteamos de viaxe, coa grande vantaxe de que conta co navegador web Opera (con soporte de Flash) de xeito que se imos a un local con Wi-Fi (que cada día hai máis) poderemos acceder á Rede e así poder ver o noso correo electrónico ou visitar as nosas webs favoritas sen ter que cargar co ordenador durante o tempo de lecer. A pantalla táctil do Archos ten unha diagonal de 4,3 polgadas e unha resolución de 800 x 480 píxeles, ou sexa, calidade DVD, superando en moito ás pantallas dos reprodutores de DVD portátiles e mesmo dos reprodutores multimedia de Apple (coma o iPhone ou o iPod Touch). Ah, e mesmo se pode adquirir un módulo co que se pode gravar da televisión no propio reprodutor, aínda que me parece unha prestación que a moitos trae sen coidado.

Cargador eólicoPara rematar, habería que falar do asunto das baterías, e dicir que hai moitos sistemas baseados en paneis solares non é ningunha novidade (ata hai modelos específicos para móbiles de Nokia), pero a Isidoro fíxolle moita graza que xa existinsen solucións para tirar proveito do vento. Eu coñezo o cargador eólico de HYmini (que sae a uns 30 euros) pero estou seguro de que hai moitos máis no mercado, pois incluso hai lanternas que empregan varias fontes renovables para a súa carga (pensadas para longas viaxes nas que non é doado atopar un enchufe).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...