Os Gladiadores Americanos volven á televisión norteamericana esta noite, de xeito que xa temos unha consecuencia da folga de guionistas (os concursos ocupan así o lugar da ficción), e parece que ser fiel ó programa orixinal:
Na promo aparecen varios tíos mazas e unhas tías estupendas coma Crush, Fury, Siren, Stealth e Venom, pero a que me fillo máis graza foi Hellga, non só porque me lembre á ghicha da ghestapo en Allo Allo (a que ía sempre con Herr Flick), senón polo dobre l do nome (Hell-ga). Seguro que ó tío que se lle ocurriu tal nome artístico lle deron como recompensa dobre ración de postre 😮
Agora eu pregunto: ¿mercará Cuatro os dereitos deste programa para España? Porque vendo o éxito do Pressing Catch non me sorprendería nada.
P.S.: Parece ser que o programa tamén podería acadar repercusión nos reality shows, xa que un dos gladiadores fixo porno gai (fotografías) e unha das concursantes participou en varias películas eróticas (terror-thriller con escenas de folleteo, vaia). ¿Acaso coidan que así poderán crear estrelas tipo triunfitos e granhermanos? ¿Ou acaso queren converter o programa no equivalente televisivo do cine de serie B?