Grande estrea de Gladiadores Americanos

¡Incrible! Parece que a aposta da NBC por Gladiadores Americanos saíulles de vicio, pois a estrea o pasado domingo achegou a 12 millóns de espectadores, o que supón un...

¡Incrible! Parece que a aposta da NBC por Gladiadores Americanos saíulles de vicio, pois a estrea o pasado domingo achegou a 12 millóns de espectadores, o que supón un 14% do share de adultos (de entre 18 e 49 anos) converténdose no evento non deportivo para público adulto de máis éxito relativo dende a gala dos Globos de Ouro de xaneiro de 2005, e de máis éxito absoluto dende a gala dos Premios Emmy de agosto de 2006.
Gladiadores Americanos foi a mellor estrea para adultos dende Heroes, e parece ser que o programa vai ter moi boa saúde, pois o seu público está moi ben definido (homes adultos, principalmente). A fórmula parece doada: tías atléticas, tíos mazas, leñazos, competición… é algo así coma mesturar Humor Amarillo, Pressing Catch e Operación Triunfo (o programa ten certo enfoque de reality) e presentalo á audiencia en alta definición, cunha espectacularidade visual digna de mención.

A pasada noite déuseme por ver o primeiro programa deste concurso no que os gañadores se fan con 100.000 dólares e pasar a converterse nos novos gadiadores da vindeira tempada, aínda que non sei canto tempo tardará en decidirse o vencedor deste reto. Admito que gustei bastante do programa, aínda que en España non pintaría nada en prime time (coido que lle correspondería o mesmo tratamento que ó Pressing Catch) pois non deixa de ser un Grand Prix de ximnasio.

Un detalle que me encantou é que Gladiadores Americanos non é un programa que presente acción en tempo real, ou sexa, que non é un falso directo, de xeito que está montado para evitar os tempos mortos, dándolle moito dinamismo e permitindo certas coreografías e postas en escena; e tamén está moi ben explotado comercialmente: trala presentación de cada proba pasan á publicidade e as repeticións das mellores imaxes están patrocinadas.

Pero se hai algo que defina o programa en si son as probas nas que se baten os concursantes:
Power Ball
POWER BALL
Consiste en meter os balóns nas cestas evitando as placaxes dos gladiadores. Os concursantes rápidos poden anotar moitos puntos.

Joust
JOUST
Unha das probas máis coñecidas, cun enfrontamento con paos acolchados cos que se golpea ó contrincante para facelo caer.

Hand Tough
HAND TOUGH
Spider-Man seguro que arrasaba nesta proba que consiste en atravesar o escenario pedurándose de aros e evitando a un gladiador.

Earthquake
EARTHQUAKE
Loita sobre unha plataforma móbil ó máis puro estilo da película de Flash Gordon (aínda que sen púas mortais).

Fat Loss Accelerators

arcus.es/wp-content/imaxes/ag_hit_and_run.jpg” width=”480″ height=”316″ alt=”Hit and Run” title=”Hit and Run” />
HIT AND RUN
Algo así coma Los cañones de Nakasone de Humor Amarillo, ou sexa, cruzar unha ponte colgante esquivando un enormes pedruscos lanzados por gladiadores.

Pyramid
PYRAMID
Chegar ó cume dunha pirámide evitando os agarres e empuxóns dos gladiadores.

Gauntlet
GAUNTLET

Wall
WALL
Carreira trepando un muro mentres os gladiadores procuran evitalo.

Assault
ASSAULT
Un gladiador dispara ó concursante, que deberá evitar os ataques e acertar a unha diana situada sobre o gladiador.

Eliminator
ELIMINATOR
E, finalmente, os concursantes rematan no Eliminador, que é unha especie de pista americana na que hai que facer unha chea de mini-probas consecutivas e que serve para tirar proveito dos puntos acumulados nas probas anteriores. Así, a diferenza de puntos entre ambos concursantes enfrontados corresponderá a tempo de vantaxe nesta proba.
Comeza trepándose un muro cunha corda. Dende a cima do muro hai que saltar a unha piscina na que hai lume na súa superficie (hai que bucear por debaixo) e no outro extremo hai unha escaleira de cordas que hai que trepar para pasar a outras mini-probas que levan a unha pirámide sobre a que hai unha especie de teleférico que permite chegar a un duro final no que hai que subir unha cinta transportadora moi inclinada que conta cunha corda na súa parte superior para poder agarrarse. O que ten a cinta de complicado é que os concursantes chegan tan cansos a ela que normalmente ceden no tramo final, cando se teñen que suxeitar á corda para poder saír da cinta. No primeiro programa notouse que tal atranco era doado de superar para os concursantes máis pequenos e lixeiros, de xeito que unha das mozas pese a levar moitos segundos de vantaxe ó chegar aí, quedou totalmente atrancada (como se pode ver na imaxe anterior) e gañou a súa competidora. Iso si, a gañadora protagonizou antes o que me pareceu o detalle máis curioso de todo o programa:
tapando o nariz
Si, ¡tapou o nariz para saltar á auga! ¡Menuda aspirante a gladiadora!

Intentarei seguir un pouco o programa, que serve para pasar o rato. Iso si, o primeiro programa foi dobre (hora e media) de xeito que as seguintes entregas serán de 42 minutos, ou sexa, como a meirande parte das series de televisión norteamericanas, podendo servir de substitutivo mentres a folga de guionistas non remate 🙁

zp8497586rq

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...