Gladiadores Americanos

O televisión de primeiros dos anos 90 parece estar de moda, e trala volta de Humor Amarillo sorprendeume moito o exitazo que está a ter o Pressing Catch polo...

O televisión de primeiros dos anos 90 parece estar de moda, e trala volta de Humor Amarillo sorprendeume moito o exitazo que está a ter o Pressing Catch polo que se me deu en pensar nos programas dese tipo de botaba antes Telecinco e véume á memoria Gladiadores Americanos, que viña a ser unha especie de Grand Prix sen Ramontxu e con tíos e tías cachas meténdose mamporros. Mirei na Rede e resulta que o programa que rematara en 1996 está a anunciar a súa volta en xaneiro:
A nova edición parece contar cun casting bastante sólido, con tíos mazas e tías macizorras (Valerie Waugaman, Jaime Reed, Beth Horn e Tanji Johnson), aínda que non sei cómo aínda lembro os nomes de varias das gladiadoras das anteriores adicións coma Raye Hollitt (Zap) ou Tonya Knight (Gold), pero coido que era porque nos 90 saían en moitas portadas de revistas de musculación. Iso si, o que non cheguei a ver nunca era o videoxogo para Super Nintendo:
Xogo para SNES de Gladiadores Americanos
¡Qué pinta máis friki! Terei que buscar a ROM para probalo nalgún emulador (din que é tan malo que de seguro que ten a súa coña) 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS