A Nosa Terra muda en diario na Internet

Esta semana parece que a cousa está moi movida, e trala reestruturación de XeraciónWeb, El Progreso e o Diario de Pontevedra, chega agora a estrea do diario dixital de...

Esta semana parece que a cousa está moi movida, e trala reestruturación de XeraciónWeb, El Progreso e o Diario de Pontevedra, chega agora a estrea do diario dixital de A Nosa Terra, que continuará a ser un semanario impreso, no que supón unha interesante estratexia de cara ó seu público, pois presentará día a día as novas de máxima actualidade mentres que as fins de semana tratará con máis profundidade os temas típicos dunha revista (sociedade, cultura e deporte).
Destaca o feito de que terán en conta a multimedia (con ANT TV e ANT Radio) e buscarán certa interacción cos lectores que polo momento podemos recomendar e votar os seus artigos.
Portada de A Nosa Terra Diario
A estética da páxina está moi coidada, presentando unha aparencia sinxela e unha estrutura organizada que agardo que se consolide nos vindeiros días, pois ata o momento aínda están a sementar contidos.
A sección que me sorprendeu un pouco foi a de -25, non porque fagan un apartado dirixido ós mozos, senón porque nestas datas me daba a impresión de que se trataba dunha sección de ofertas (¿25% de desconto?) 😉
Os comezos desta ambiciosa páxina parecen un pouco accidentados, e cando intentei acceder á mesma a primeira hora da mañá atopei unha curiosa sorpresa:
Retraso
Pasado o susto, cun pouco de retraso (unhas 3 horas, como é doado deducir) apareceu xa a web, que parece que de xeito provisorio está hospedada baixo o dominio encomprobacion.com (o que, entre outras cousas, fai que non funcionen servizos coma o de remitir as novas a Chuza!) e os fluxos RSS presentan un erro (RSS: Warning: Missing argument 1 for listarnovas() in /home/d282593/public_html/class/class.portada.php on line 76).
Erro en A Nosa TerraDe cando en vez tamén aparece unha fiestra de advertencia que non sei a qué pode ser debida (¿algún erro la biblioteca AJAX que utilizan?). Supoño que eses problemas se solucionarán en poucas horas, polo que o que resta facer e dar a benvida á web a unha publicación centenaria que se adapta ós novos tempos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...