2 anos de Marcus.es

Mirando o blogue de Blas, que vén de cumprir 1 ano, déuseme por mirar o tempo que tiña este espazo, e decateime de que este martes cumpre 2 aniños,...

2 anosMirando o blogue de Blas, que vén de cumprir 1 ano, déuseme por mirar o tempo que tiña este espazo, e decateime de que este martes cumpre 2 aniños, o que non está nada mal.
Esta historia naceu narrando o acontecido nun Beers & Blogs coruñés, que tería unha segunda parte na cafetería Bitácora de Santa Cristina, e aínda que levo blogueando uns 7 anos, manter un espazo persoal con periodicidade era algo que non probara ata o momento.
Nun principio alternaba o español e o galego, e rematei expresándome en galego para non liala (a miña ilusión era ter un Marcus.es en español e un Marcus.gal en galego… pero iso aínda vai tardar en chegar).
Nestes dous anos de vida esta web serviu para dar cabida a 840 entradas e 3.855 comentarios, estes últimos promovidos en boa medida polo debate político melidense (o que me fixo recuperar a esperanza na cidadanía), e durante o mes de novembro recibíu entre 1.744 e 2.308 visitas diarias, ou sexa, máis de 50.000 visitas/mes, marcas ás que non agardaba chegar en ningún momento, pois esperaba que este espazo quedase limitado a algúns amigos e ós incondicionais do programa de radio Zapping.
Así pois, o único que podo dicir neste momento é grazas, a tódolos que pasades por aquí, e soltades algún comentario de cando en vez… e grazas tamén ós que non vos animades a comentar, pero seguides aí, mirando o que contan os outros, vendo como a Rede tece novas comunicacións mesmo na periferia. Sen vós esta web non estaría viva, e eu a tería deixado de lado hai moito tempo. Grazas por seguir aí.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS