Revistea a miña foto

Tras uns días de parón no blog (estiven pachucho a pasada semana) volvo con forzas renovadas comentando a miña pasada esta mañá por RadioVoz, coma sempre, no programa de...

Parrula na portada de National GeographicTras uns días de parón no blog (estiven pachucho a pasada semana) volvo con forzas renovadas comentando a miña pasada esta mañá por RadioVoz, coma sempre, no programa de Voces de Galicia con Isidoro Valerio, onde falamos de varias novas coma o lanzamento do Amazon Kindle, a espada de luz para Nintendo Wii, a chegada da Alta Definición a Digital+, o xogo de Arale para Nintendo DS e a .
Pero o que tivo máis éxito foi a recomendación do servizo MagMyPic, que permite crear portadas falsas de revistas con imaxes á nosa elección. Así podemos xogar a facer portadas de National Geographic, Time, Playboy, People, Sports Illustrated, Vogue, Fortune e Rolling Stone con fotos dos nosos amigos, para botar unhas risas. ¿Poderedes evitar a tentación de convertervos en persoas de portada?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS