Agora que xa chega a Wii a España, hai que lembrar certas precaucións que hai que ter coa mesma, e advertir de que non serve coma tostadora:
O mando da Wii non é comestible:
E o máis importante, a Wii non se pode empregar coma paracaídas:
¿Parece esaxerado avisar disto? Pois os de Nintendo avisan de case todo no manual de instruccións da Wii:
Vale que esta versión tan friki do manual e a nipona, pero en EE.UU. tamén advirten das precaucións que hai que tomar:
O que non evita cousas coma ésta:
¡Hai que ser cabestros! O que pasa é que logo botan as culpas a Nintendo de que escarallaron o televisor, a fiestra, a parede ou o que sexa, despois de xogar bruscamente cun mando que non reacciona á forza senón ó movemento. E a verdade é que non é preciso xogar con tanta brusquedade (¿cómo é posible que os accidentes pasasen todos co Wii Bowling cando é un xogo tan sinxelo):
Dentro de pouco os posuidores da videoconsola doméstica de Nintendo deberán aprender de memoria os Dez Mandamentos para xogar coa Wii, que incluirá todas esas cousas que se poden aplicar a calquera outro dispositivo electrónico… non vaia a ser que logo denuncien ó fabricante xaponés porque a consola rachou despois de empregala coma soporte para un sofá coxo.
6 Decembro, 2006
Debe estar conectado para enviar un comentario.