9 Novembro, 2007
Tralo éxito de Bohemian Rhapsody, os mozos de College Humor rachan coa pana facendo unha parodia dun episodio piloto da serie 24 coma se o fixesen en 1994, con tódalas dificultades de comunicación da época (cabinas telefónicas, conexións por modems telefónicos, buscas, impresoras de agullas…):
Meu deus, ¡cómo cambiou o mundo! Está claro que 24 sería imposible de facer nun mundo desconectado, pero o que tamén é certo é que ata o 11-S non foi preciso crear unidades anti-terroristas (UAT), pois tampouco se actuaba con tal velocidade. Unha perna tapa á outra.
Se a alguén non lle gusta o vídeo de College Humor, que me mande un fax… ou un telegrama 😉