7 Xullo, 2009
Y otro. Y otro. Y otro Perrito Piloto
. Patricia Ferrol remitiume esta mañá fotografías dun camión que quere ser diferente, e en vez de envorcar indo da Avda. de Alfonso Molina a Matogrande, faino en sentido contrario:
O accidente sorpréndeme bastante máis que os outros, porque nesa curva hai que pisar bastante o freo, xa que incorpórase a unha vía na que hai moito tráfico:
O camión vén dunha vía limitada a 50 Km/h tras saír dunha rotonda (ou facendo un cambio de sentido dende Alfonso Molina), polo que non creo que que puidera ir moi deprisa. Vaia, que só podo explicarme o acontecido cun despiste monumental do condutor, que tardou en decatarse que tiña que parar de todo para incorporarse a unha estrada con moito tráfico.
Debe estar conectado para enviar un comentario.