Existen moitos personaxes que se poñen de moda na Internet, e esta semana emerxe un que promete arrasar. Trátase de Black Nerd (friki negro), quen pretende facernos rir máis que Steve Urkel, e creou un videoblog no que fai coñas cos Pitufos, Scooby Doo ou a :
A canción é unha parodia de Buy U a Drank de T-Pain e está a aparecer en moitos porque é moi simpática, converténdose en todo un éxito instantáneo. No momento de escribir estas liñas aínda non superaba as 6.000 reproducións en YouTube, pero apostaría que mañá vai sumar centos de milleiros de reproducións. Eu escarállome coa risa cos «Nintendo-oh-oh-oh, a Super Paper Mario-oh-oh-oh». ¡Cómo se nota que non estou afeito a escoitar «ou-ou» en vídeos musicais nos que non saen tías cachondas bailando 😛
Sen desmerecer este vídeo musical, coido que ten máis mérito a parodia que fai o Black Nerd doutros videoblogs:
¡A versión de Ask A Ninja é caralluda! Este André Meadows vai ter futuro coma comediante (¿tardará moito en chegar á televisión norteamericana?).
29 Outubro, 2007